martes, 9 de marzo de 2010

Ideas para a reunión de mañá mércores 10

(Ilustración de A. Suárez)
Botando unha ollada a entrada inmediatamente anterior pódese atopar un par de pistas para o diálogo de mañá, se iso é preciso. Mais gústanos enredar, e enredamos pois:
1) Hai un parecido evidente entre o título deste libro e o da revista dos "scouts" ("Vida de chico"). Se relemos, p. ex., as páxinas 121-124, daremos con liñas significativas, e de paso outra vez aquela cor "militar" e o espírito da frase inicial de Oscar Wilde. E así lemos: "Me rendía fácimente (...) lleno de planes." Por certo, con algo disto garda certa relación outro conto de TW, titulado "Intrépidos pilotos", incluído en La noche en cuestión (Alfaguara);
2) ubicados agora no interior da fantasía de París, "Jack" plantéase a posibilidade do cambio do seu apelido. xa cambiara de nome sen problema (ignorando a vontade do pai ausente), pero agora négase a perder o seu apelido que o une a súa nai. Sutil diferencia. Mais, el, no momento presente escritor, deixa caer o recordo da súa nai aprendéndolle a escribir (p. 163)...

2 comentarios:

  1. A propósito do cambio de nome do protagonista, que non do de apelido: a universidade de Sonoma, -ó norte de San Francisco, creo-, ten un directorio dos máis completos acerca da vida, obra e milagres de Jack London. Con audio dalgún dos seus relatos, fotos, cartas e cousas desas para seguidores incondicionais. E sobre todo, enlaces. Aquí: http://london.sonoma.edu/

    Calamity Jane.

    ResponderEliminar
  2. Gracias, C.J., e perdón pola tardanza (xa habitual, por outro lado). Tomamos nota do teu enlace e invitamos aos demais a escribilo no seu buscador, a ver... Non é fácil dar con información así. Un saúdo. Benvida.

    ResponderEliminar