viernes, 19 de marzo de 2010

No Día do Pai (e do fillo, e do espírito farto)

Ilustración de A.C.S.
Arthur Samuels Wolff quizáis sexa o anhelo máis profundo do protagonista da novela nos seus anos de neno. É o pai. Na ficción, e na realidade, a súa ausencia vese contrarrestada polo libro “The Duke of Deception: Memories of my Father” (curioso título, ¿non?) de Geoffrey Wolff. As circunstancias que arrodean o libro son ben curiosas. Polo visto, a Geoffrey naceulle a necesidade de escribilo cando, metido na bañeira do castelo no que vivía en Francia, vese atravesado polo remordemento. Ou igual deberiamos chamalo “tardío axuste de contas”, para ben, dado que non se daba quitado da cabeza que, un ano antes, cando seu pai morrera, entre as súas pertenzas atoparan un exemplar estragado polo uso da súa primeira novela, “Bad Debts”, na que un dos personaxes, non precisamente o do triunfador, está inspirada nel. Claro que, unha vez que se ve cal era o percal, tampouco estraña demasiado. O tal Arthur Samuels Wolff, fillo dun médico xudeo, expulsado de todos os institutos e da mariña, por problemas dentais, tamén coñecido como Duke Wolff, e incluso como Saunders Ansell-Wolff terceiro (e non bromeo), era un tipo especial: un timador elegante e encantador. Falsificador, moroso e ese tipo de cousas. Un dandy enxeñoso que, pese a beber máis da conta, conseguía cousas inverosímiles. Claro que, así lle foi: tres condenas de prisión, múltiples arrestos... A Rosemary, a nai, -e a súa vez filla dun oficial da mariña que non debeu reparar nos seus dentes-, díxolle cousas moi divertidas, como que era episcopaliano e alumno dunha universidade de prestixio, piloto, membro da R.A.F e antigo combatente na resistencia francesa. Todo xunto. Cando o matrimonio se desfai, Duke colle o seu fillo maior (Geoffrey) e, durante alomenos seis anos, os dous irmáns pérdense a pista. O primeiro encontro logo dese tempo é idea do pai, quen paga a Tobias a viaxe ata La Jolla, en California, onde estes vivían. E pode que sexa demasiado pretencioso dicir que foi un momento crucial na vida do máis novo dos Wolff, pero é que realmente así o parece. Nese verán, en efecto, seu irmán obrigouno a ler e a escribir, sobre todo escribir, cousa pola que xa se sentía de seu inclinado. Tobias recoñece que “Geoffrey foi a primeira persoa que coñecín para quen os libros eran a mellor maneira de pasar o tempo. Eu xa intuía que quería ser escritor, pero nunca estivera con xente a quen lle importaran os libros, xente que tivera a impresión de que iso era algo que alguén sensato quixera ser”.

Fontes, por se queres informarte de primeira man: unha; dúas. Pásao ben, e non esquezas que deixar un comentario aquí mesmo é... ¡gratis total!, e non engorda.

7 comentarios:

  1. Muy interesante, y digo esto porque resulta que haciendo un ejercicio imaginativo, podría observarse como hubiera sido la vida de Tobbias en caso de que se hubiera quedado al lado de su padre ... Aunque el caso es que, al fin y al cabo, los dos son escritores. Supongo que ese es uno de los enlaces de los hermanos Wolf con la escritura.

    ResponderEliminar
  2. Ola, I. Benvido de novo. Isto non é o mesmo sen ti.
    Desde logo, tes razón. Lástima que Geoffrey non teña nada publicado en España. En calquera caso, a importancia do pai como pai ausente paréceme clave para meternos algo máis no corazón desta obra, ¿non?
    Non deixes de aparecer outra vez por aquí... Por certo, noutro lugar chegaches a dicir algo da relación nada menos que de Bob Dylan con Tobias, ou coa obra, non recordo... ¿Non pensas falar diso aquí? Estaría ben.
    Ata pronto. Hoxe ou pouco máis tarde incluiremos unha ou dúas entradas máis, de cara á reunión do próximo mércores, que en principio é a derradeira dedicada a "Vida..." (logo seguiremos con outra obra do mesmo autor). Pois ben, unha desas entradas pretendemos que sexa sobre o estilo de Wolff, a súa forma de escribir, que creo estamos deixando un tanto de lado para centrarnos máis ben nos contidos da narración. O que tamén está ben, pero é que pode haber máis que tratar, ¿ou?
    Chao.

    ResponderEliminar
  3. Si la verdad es que estoy de acuerdo con el papel clave del padre en la obra.

    En cuanto a lo de Bob Dylan jaja si. Había dicho que,al leer el libro, no se porque, se me viene a la cabeza la imagen de Bob Dylan, supongo que por la imagen que tengo del de persona que esta siempre de un lado para otro, pero también sin motivo alguno se me viene a la cabeza alguna de sus canciones, al movernos por los diferentes paisajes clásicos de los Estados Unidos. Pero supongo que eso se deberá a mi falta de cultura norteamericana...

    En cuanto a lo de su forma de escribir... Me parece casi como la de Toqueville (salvando las distancias, por supuesto) por la forma que tiene de transportarte a lo que el mismo esta viendo y haciéndote sentir uno mas en la historia, supongo que se deberá a su carácter narrativo oratorio, vamos, que parece que en vez de leer te lo esta contando el mismo sentado en la barra de un bar. Pero de esto ya se hablara en otra entrada jaja

    ResponderEliminar
  4. Ola, I.: Respecto ao de Dylan, a ver se podes ser máis concreto e falador, porque hai unha persoa neste club, que talvez incluso se pase por este blog (?, que está a facer un traballo sobre Dylan a partir do documental de Scorsese. ¿En que cancións de BD estás pensando, ou en qué outras cousas relacionadas con el?
    Polo demais, respecto ao que dis da forma de escribir de Wolff, remítote á seguinte entrada deste blog, titulada "Como se alguén...", con mensaxe na botella incluido.
    Ata pronto. (Parece que Virginia finalmente, non, ¿mh?).

    ResponderEliminar
  5. Bufff son muchas las canciones que me recuerdan a Dylan en este libro (las recomiendo para estudiar relajan bastante, por lo menos a mi; pero son buenas para cualquier momento) pero si tubiera que destacar alguna... Hurricane, Forever Young, Shelter from the storm, y tal vez Blowin in the wind.

    La pelicula de Scorsese es muy buena, me acuerdo de haberla visto en verano. Muy recomendable.

    ResponderEliminar
  6. A min tamén me parece ver ecos dylanianos por algún sitio. Máis alá dunha posible banda sonora, sáeme Dylan cando penso na cita de Wilde do comezo, por exemplo. Agora, que como a carreira deste señor é moi dilatada, deberiamos precisar un pouco máis: o Dylan que requirimos aquí é o dos absolutos comezos, aló polos primeiros anos da década dos sesenta, nalgún pub do Village neoiorquino. Daquela aínda estaba un pouco verde nese arte tan sutil que é o de inventarse. Parece que andaba detrás dunha imaxe que encaixase co tipo de cancións que lle gustaba cantar -esas de mineiros, verdadeiros tipos duros das montañas, de bandidos rematados a balazos pola autoridade, de bluesmen dos suburbios...- e así, adoita dicir que a súa familia morreu, que el se botou á estrada e que percorreu o país subindo e baixando dos vagóns dos trens de mercancías. En fin, un pouco na liña tan súa de non-teño-por-que-darlle-explicacións-a-ninguén, así que mente como un cosaco para “desentenderse das preguntas”. En realidade, por certo, liscara da universidade xa no primeiro ano, e a Nova York non chegou en tren, senón en coche, comodamente instalado no asento de atrás, nunha viaxe meteórica dende o Medio Oeste. Pero ó que imos, ¿o dos comboios de carga non vos resulta un tanto familiar? É Jack London quen converte en novela a aventura dos asaltatréns, quen inocula esa febre en varias xeracións de mociños americanos. A min tamén me cativou, por certo.

    ¿Un tanto collido con pinzas, quizáis? Pode ser...
    Saúdos. Calamity, outra vez.

    ResponderEliminar
  7. Vaya,no conocía esa parte de la vida de Dylan pero si, es cierto. No me parece para nada cogido por los pelos, mas bien me parece muy bien traído para explicar esa semejanza entre Jack London-Bob Dylan.

    ResponderEliminar