viernes, 5 de marzo de 2010

Reunión I e medio: os que faltaban...

Reunímonos o día 3 de novo, para tratar sobre o primeiro tercio do libro, agora os non presentes na reunión I. Falamos da memoria e de se a memoria do autor leva a éste a fantasear e exaxerar a partir dela, ou se máis ben o autor pretende ser fiel aos seus recordos sendo sen embargo consciente de que a memoria ten a súa propia forma -non sempre fiel- de facer os seus traballos. Tamén falamos da presencia dun par de contos de Wolff no relato que estamos lendo, de San Agostín, de E.T. e das galletas Oreo. E así, falando desto e doutro, sucedeu sen darnos conta... Foi bastante extraño e aínda non sabemos cómo ás veces ese fenómeno pode suceder, e outras por máis que se intente, non... Un personaxe do libro foi pouco a pouco saíndo das páxinas do exemplar que un tiña como por descuido sobre a mesa, sentóuse entre nós e comezou a contar e contar unha cousa detrás da outra, sen trama e sen final... Un pregúntase se despois quedou alí na habitación, se volveu polo seu pé ao libro, ou se saíu voando pola ventá que tantas gañas tiña de abrir...
¿Será posible...?
P.S.: O mércores 10, á hora habitual, seguiremos dialogando. Quedamos en ler só ata páxina 205, lembra. Se alguén quere ter copia dos dous contos de Wolff dos que falamos, ou dun deles, só ten que dicilo ( iso non significa necesariamente lelos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario