domingo, 14 de marzo de 2010

Reunión II: "Poltergeist"

O pasado mércores, 10 de Marzo, tivemos a segunda reunión (sen contar a intermedia semipantasma, claro, pois se non é a terceira). Só faltaron dúas persoas, sen contar con Batiscafo, que o ten difícil.
Volveu a pasar o mesmo fenómeno que na repetición da primeira reunión, e desde algún dos exemplares que estaban enriba da mesa saíu de novo ese ser para sentarse con nós e contarnos, botándonos a man por riba do ombreiro...
Difícil de comprender; probablemente é algo relacionado co singular deseño do noso edificio novo, ou con algún outro fenómeno igualmente paranormal. Deste xeito enterámonos de qué hai que facer se un ten doce anos e conduce un coche cun amigo da mesma idade -reparto de tarefas: ti o volante, eu o cambio de marchas-, ou como reaccionar se de frente ven o coche da policía e son as catro e media do serán -meter ambos a cabeza entre as pernas e deixar á vez as mans no volante e cambio de marchas, como manda o sentido común-. Do artesanal método de sacar combustible do coche alleo co tubiño do cal chúpase debidamente, iso xa foi fariña doutra páxina, pois aínda tíñamolo sen ler, xa que esta reunión II comprometíanos só a ler ata a páxina 205, e a arte do gusto polo combustible dos demais é tratada na páxina 214. Ventaxas de estar na reunión II: un entérase do que lerá no futuro sen necesidade de abrir sequera o libro de TW...
Lástima que acabara o tempo e tivéramos que levantar a reunión II... Mais pronto teremos a III, coa que remataremos este libro. Temos aínda a data sen marcar. Farémolo asiña. Atentos ao blog. Nesa reunión III intentaremos todos ter lido completamente o libro. Un saúdo. (Estaría bastante ben, por certo, que de cando en vez alguén escribira algo neste blog que é de todos. Tamén podemos opinar ou comentar cousas por escrito... Ou non, claro).


P.S.: O comentario de C.J. na entrada inmediatramente anterior a ésta é moi recomendable: leva un valioso enlace relacionado con Jack London, tan presente nesta obra de Wolff, e non é precisanmente unha información facilmente accesible. Todos sabemos que en internet paseamos case sempre polos mesmos trillados camiños. Pois ben, non é o caso...

No hay comentarios:

Publicar un comentario