viernes, 26 de marzo de 2010

Reunión III (24.3.10): Last picture show

Ilustración de Safo
Acabamos. Non estivemos todos (houbo tres significativas ausencias: pena), pero falamos dese último tercio da obra: da súa relación con Arthur, e da aparición dese ambiguo Chuck de contradictoria personalidade; de como Tobias, alias Jack, toca fondo (baixada aos infernos: o roubo da gasolina á familia menos adecuada); da (re)aparición de Geoffrey -hoxe tamén escritor- e da (re)aparición do seu pai, aínda que certamente extraña; da ambivalente actitude da nai co seu ex-marido; das extravagancias de Dwight, ese... hmmm, ¿ser humano...? E así. Tivemos un amago de tratar a cuestión do estilo deste escritor, mais despois dun pequeno anaco fuximos por pernas, non fora ser que se puxera a cousa interesante e tal. Cremos recordar que houbo algo parecido a un acordo en torno á sensación de que o final resulta un tanto precipitado, como se o autor quixera pechar demasiadas portas antes de saír da habitación. Alguén engadíu que esas derradeiras páxinas eran algo máis confusas cas anteriores, posto que agora o noso escritor xogaba en exceso cos saltos temporais (mais non sabemos se estaremos todos de acordo niso...).
Houbo tamén un par de propostas que poderíamos chamar... eeerrr... "complementarias":
  1. A lectura do libriño de poemas de Ana Merino, de Visor, titulado "Juego de niños"

  2. A visión en DVD da película de Truffaut chamada "Os catrocentos golpes"

De momento só unha persoa animóuse a ler o libriño e ver o filme, e talvez outra. A idea é ir pasando de man en man ambas obras, se se quere. O filme sería mellor velo en V.O. en francés, con subtítulos. Cremos que sería o adecuado.

Polo demais, a día de hoxe xa está repartido o libro segundo deste club: "Vieja escuela", de Tobias Wolff, en Alfaguara. Se ben foi escrito moito despois, non deixa de ser algo parecido á continuación da historia que rematamos, aínda que non se trata dun libro propiamente autobiográfico, senón dunha novela cargada de elementos e vivencias tomadas da vida de Tobias Wolff na escola que en "Vida de este chico" é chamada escola de Hill. O próximo 7 de Abril, ás once, temos a reunión I, coa pretensión de ler ata a páxina 140, e non máis, por favor. Aquí tes o enlace para chegar ao novo blog dedicado a ese libro.

5 comentarios:

  1. Eu xa teño unha suxestión para o primeiro capítulo do novo libro... ¡así que por favor, a escribir unha entrada!

    Con respecto aos 400 golpes, é unha peli fantástica, fantástica, fantástica... para min, en francés (e eu non sei nada de francés) pero sempre é outra cousa, ver Truffaut noutro idioma sería moi raro.

    ResponderEliminar
  2. Benvida de novo: a mandar; xa tes esa entrada pedida. O blog de "Vieja escuela" xa ten contido, e máis que terá os próximos días desta Semana Santa (ou non tanto: iso vai en gustos).
    Un saúdo. (Os vosos comentarios sobre "Vida de este chico" poden ir neste blog, ou no outro, supoñendo que haxa comentarios... Buscar relacións ou diferencias entre ambas obras sería bastante interesante).

    ResponderEliminar
  3. Pois eu lendo, entre as duas obras encontrei unha cousa que me chamou a atencion, xa que na "vida de este chico" a relacion do rapaz coa sua nai parece moi estreita, case de amistad, mentres que na seguinte obra parece culpala de havelo abandonado, facendo pouca mención a ela.
    (polo menos ata onde levo leido).

    sau2

    ResponderEliminar
  4. Para Anónimo: Ola, ben, o que ocorre é que o segundo libro que estamos a ler non é exactamente a continuación de "Vida...", pois sendo 1960, en "Vida..." Toby pretendía entrar na escola preparatoria de Hill, e en "Vieja escola" nese mesmo ano o rapaz-narrador está no último curso nuha escola que ten outro nome. Ademáis, é fillo único, a súa nai está nmorta, e o seu avó materno é oficial, pero de aviación... Hai bastantes cambios, a pesar das similitudes. Xa non é un relato autobiográfico, senón unha novela con elementos autobiográficos. Diso falamos na reunión do día 7 de Abril, na que non sei se estiveches...
    Un saúdo. Gracias. Ata pronto...

    ResponderEliminar
  5. xa xa o falamos na reunión, foi un mal entendido meu

    saú2

    ResponderEliminar