sábado, 27 de febrero de 2010

Reunión I: os que alí estivemos...

(Ilustración de Safo)


Estivemos ao final só seis persoas, e un de nós tivo que saír antes de tempo... Logo só estabamos a mitade, como quen di. Por este motivo este próximo mércores (mesma hora, mesmo lugar) intentaremos "repetir" esta reunión I para os que non puideron presentarse, a ver (tres persoas de 1ºC, unha de 2ºA, e outra de 1ºA que foi quen tivo que saía á mitade da reunión).
En canto á reunión do 26, falamos principalmente da personalidade dos personaxes principais e da relación entre eles. Da maldade, dixeron uns, ou da aparente maldade, dixeron outros, de Toby-Jack; da educación indebida, para algúns, que a nai da a o fillo, ou comprensible, tendo en conta o pai que ela tivera; da pegada dos programas da television no grupo de Seattle; do desagrado e desconfianza que en certos lectores parece provocar Dwight, especialmente no seu trato aos seus propios fillos; das galletas Oreo, que ao parecer son máis abtigas que andar a gatas; de rifles e bicicletas; da debilidade da nai, por un lado, e da súa forza e vontade, por outro; das citas de Wilde e Alinsky como claves para comprender certas escenas e sombras da psique de Toby; da monxa, que é a única que realmente se confiesa... ¡ e diante de Toby, o suposto pecador!
Por outra parte, falamos tamén da presencia nas páxinas lidas (ata a 103 na edición de Alfaguara) de alomenos dous contos de Wolff: "Dos chicos y una chica", lido o curso pasado, e "El fuego del hogar", ambos publicados no seu libro La noche en cuestión (Alfaguara, 2000). En entradas futuiras volveremos sobre eles e invitaremos á súa (re)lectura a quen queira... Por certo, conversando sobre o primeiro caímos no peso "do militar" en certas actitudes ou antipatías da nai de Toby: era filla dun oficial de marina tremendamente autoritario (como a chica do conto do ano pasado), Dwigt vive nuha "casa" que antes era un extraño lugar para prisioneiros alemáns de guerra, ten discusións sobre a educación de Toby con Marian, quen é noiva dun sarxento de infantería de marina, e que na p. 52 é descrita case como máis masculina e sarxento que o seu propio pretendente, e así...
Seguiremos en contacto. Os que flotan na nube da rede que saiban disculpar o noso silencio dos últimos días, que non é unha secta relixiosa, senón acumulación de traballo alleo a este club-blog,e, tamén é certo, algo parecido a "deixar facer" libremente aos que por aquí pasan...

DATA DA REUNIÓN II: O mércores 10, ás 11:00 hs. (non confundir coa "repetición" desta reunión I para quen non estivera, que sería xa este mércores 3). Para o día 10 de Marzo debemos ter lido ata a páxina 205 de Alfaguara, deixando fóra a parte titulada "Ciudadanía en el instituto", que quedará para máis adiante).

ERRATAS: No parágrafo anterior había un par de perigosas erratas coas datas, xa remediadas. Atención pois aos cambios, pois os días estaban mal postos.

3 comentarios:

  1. Para I.:
    Benvido, e xa vexo que coa xenerosidade expresiva de costume. Que ben.
    Andaba algo apurado aí atrás; espero ser disculpado... Por partes:
    1) De certos comezos de certas obras si recordo que faláramos, e estou de acordo con que este comezo é buscado, máis non "re"-buscado, como ti dis. Precisamente un dos méritos de Wolff é que non é un autor rebuscado nin amigo de subliñados. É moi natural, que non superficial. Ë da escola de Chéjov -perdón pola pesadez-, e nótase.
    2) Vexo que mesturas a cita de Wilde coa referencia ás astucias da memoria da que fala nunha páxina anterior. Non teño tan claro que a túa interpretación me convenza... ¿Realmente? Eu quería ver máis ben a tendencia de Toby-Jack á simulación, ata tal punto que cando o subdirector descubre o do graffitti el mesmo "cre" ser... inocente. Non sei...
    3) Lamento botar a perder a imaxe que tiñas creada na túa fantasía de Salt Lake City. Non era a miña intención. Mais pensa que estamos no 55-56: ¿cómo era Coruña ou Cambre entonces, as súas prazas e coches, as casas e aceras, as sinais de tráfico, a calzada, os escaparates, etc.? Cando vexo fotos de Coruña nas tendas onde as venden, tardo moitísimo en recoñecer Juan Florez ou Catro Camiños, e os vehículos parecen un chiste. Así que en EE UU supoño que peor, pois alí todo vai máis rápido. Lembra o cómic de Crumb do curso pasado en "Relatos Norteamericanos"(está nese blog).
    $) Sobre Ford xa volveremos. Eses paisaxes son famosos polas súas pelis de cowboys. E a que ti nomeas pasa por ser unha das mellores de todos os tempos, e Utha creo que sae, ¿non? Bravo polo teu avó. ¿Sabes? Fai poucos días un dos grupos de primeiro de bacharelato deste ano recoñecía ignorar quen era... ¡John Wayne!
    Glups. Chao, I. Ata pronto.

    ResponderEliminar
  2. Para Batiscafo:
    Disculpas tamén, mais andaba algo liado...
    Claro que hai obras literarias "de carreteira" ou como queiramos chamalas (libros, desde logo, pois hai libros de viaxe, ¿non?). En realidade as "road movies" serían imposibles, ou outra cosa, sen esas obras que xa existían desde antes, e que seguen existindo. No enlace que se inclúe nesa entrada podes ler algo sobre iso, con títulos que todos temos na mente: "A Odisea", "O corazón das tebras", "Don Quijote", as obras de Novalis ou Goethe, a inevitable de Kerouac, ou as de Peter Handke, e así seguiríamos horas... Das "road movies" en relación co libro que nos ocupa xa tíñamos pensado introducir unha entrada específica no futuro, e así falar alí dos westerns ou dos primeiros filmes de Wim Wenders, ¿non? En fin...
    ¿Nova York? Ben, en certo modo a novela do recén falecido Salinger, "O vixía no centeo", da cal ocupámonos fai un par de cursos neste club -véase blog correspondente-, en certo modo esa novela pode ser encadrada nese tipo de novelas das que antes falábamos, aínda que Holden non sae de N.Y., que non é precisamente unha aldea.
    Do dos nazis falamos na reunión do 26. Ten o seu aquel iso que fan Toby e os seus compañeiros -non sei se amigos-. Comentei alí que esas escenas deses tres rapaces, así como as anteriores en Salt L.C. cos rapaces do catecismo e os seus arcos, e o do rifle, etc., comentei que me recordaba, e moito, ao que San Agostín di de si mesmo cando era novo en "Confesións": todo iso da atracción polo mal, e cómo era máis placentero cando se facía diante doutros que así contemplaban o mal que un facía... Sobre isto talvez necesitemos outra entradiña "específica".
    E chega por hoxe, B. Recordos a Cousteau.

    ResponderEliminar
  3. Eu simplemente alégrome de que cambie o día das reunións, é probable que os mércores sí que me poida "escapar" algo máis ´(é o que ten o horario da ESO). Se non sigo sen problemas desde aquí.

    Tamén poderíamos reflexionar sobre o mal na infancia-adolescencia ¿non? quero dicir, todos os nenos xogan cos límites do mal simplemente porque non coñecen o que él. AOu tamén porque é o xeito de integrarse ao grupo causando asombro e dominación.
    Non lin as "Confesións", pero penso que todo esto podería tamén relacionarse coa catarsis, o coñecemento para poder reixetar...
    e non me lio máis, que acabo perdéndome e sí, sería mellor outra entrada específica.

    Saúdos a todos

    ResponderEliminar