domingo, 14 de febrero de 2010

Citas, vida, corrupción e pose

(Ilustración de Lucas Schnitzler, 1ºA, bach.)
Non é extraño atopar ao comezo dun libro algunha cita doutro. O que si é xa pouco extraño é o pouco caso que o lector soe facer ao atopalas. De feito, o libro en cuestión comeza cun par delas que consideramos de interese, pasada a páxina de agradecementos (que non ten desperdicio, por certo: aparece a esposa, o irmán, a nai, o pantasma dun can e o seu primeiro padrastro. Non está nada mal, se ben quédome con esta frase, sobre a cal esperamos volver no futuro: "He dejado alguno de estos puntos como estaban, porque éste es un libro de memorias, y la memoria tiene su propia historia que contar" ).
A primeira cita é do famoso Oscar Wilde, cunha frase igualmente célebre entre as moitas que el deixou tras de si. Neste enlace podes ver outra traducción dela (a nº 40, páxina 4), onde a palabra "pose" deixa o seu lugar a "artificial". Se miras na páxina 5 deste sitio da web atoparás a frase 49, que bota máis luz sobre a ocurrencia de Wilde, propietario da tumba máis "friki" e rechamante do cimiterio parisino de Père Lachaise, para disgusto de fans de Jim Morrison.
A segunda é dun tal Alinsky, do cal, contra todo pronóstico, si hai información na rede, mais non tanto da súa faceta como escritor como da de activista político con influencia nos anos sesenta -a historia do libro que lemos transcurre nos cincuenta- e parece que en... Obama. Ofrecemos outros enlaces tamén para comprobalo.
Fai un tempo, Tobias Wolff declaraba ter unha dobre orixe, xudeoalemá por un lado, que reflicte o seu apelido Wolff (que non debería por tanto lerse "Uolf", senón algo parecido a "Volf"), e irlandesa polo outro. Curiosamente Alinsky é de orixe xudeorusa, e Wilde era irlandés de Dublín, se ben escribía en inglés e era súbdito británico.

5 comentarios:

  1. Se a reflexión sobre a memoria a deixamos para máis adiante deixo tamén a miña apreciación para cando isto se saque.
    Con respecto á cita de Wilde, cando estiven en Dublin estiven no Museo dos escritores. Curiosamente é un dos museos máis apreciados de Irlanda, visto desde un punto considerablemente nacionalista e de colonialismo desde a lingua por seus "odiados" veciños ingleses. Eu simplemente alucinei coa cantidade de irlandeses escritores famosísimos estaban ahí, e eu sen saber que eran irlandeses pensando, simplemente, que eran ingleses (por iso de..se escriben en inglés e teñen costumes inglesas... pois iso) por suposto calei a miña ignorancia e o " escaso irlandesismo" de Jonathan Swift, Wilde, Yeats ou Samuel Becket...
    marchei e xa non sei onde estou, o que quería dicir simplemente é que non sei cal era a pose de Wilde, pero con respecto á súa "patria", que para rematar esta parrafada poño esta cita de Heine:

    ...Chopin es Polonia con su sensibilidad caballeresca y con sus infortunios históricos, y es Francia con su gracia y su encanto, también Alemania con su melancolía romántica e Italia con el bel canto de Bellini y Rossini que está en la melodía de Chopin. Sin embargo, no es de ninguna de éstas, su verdadera patria es la de Mozart, Goethe y Rafael, el reino de la poesía...


    Creo que paseime un montón. Saúdos

    ResponderEliminar
  2. ¿Batiscafo?: Non vexo que te pases en nada (¿en espacio?).
    Estiven en Irlanda e en Dublín, fai anos, mais non nese museo que dis. Certamente non todos os escritores irlandeses escriben en gaélico, ou só en gaélico, e á lista que inclúes podes engadir o caso de James Joyce, por se poucos foran... Respecto á posición de Wilde respecto ao problema entre Irlanda e o Reino Unido -que non é só Inglaterra, como se ve nas cores da súa bandeira, p. ex.-, nada podo dicir porque non o sei. En calquera caso, sáese, creo, das intencións de Tobias Wolff cando introduce esa cita de Wilde. Tampouco teño noticias de interese algún por parte de Wolff polo nacionalismo en xeral ou o irlandés en particular. Si é verdade que fala Wolff da súa dobre raíz irlandesa (pola nai) e xudeoalemá (pola do pai), e creo tamén que iso nótase no libro que escollimos xa nas primeiras páxinas (catecismo coa monxa, relación co pai, etc.), e considero que só desde este punto de vista ten interese para nós.
    Penso.
    Polo demais, o que dis nas túas dúas primeiras liñas sobre a memoria e ás túas apreciacións sobre iso, promete outro comentario futuro que esperamos non tarde...
    Recordos a Nemo.

    ResponderEliminar
  3. Uhm, efectivamente fóiseme un pouco a pinza, pero algo escribiras sobre Wilde como irlandés, que é unha asociación que eu, ata que non o vin nese museo, xamáis pensara (en realidade tampouco me plantexara ningunha nacionalidade para Wilde, de ahí a cita de Heine. En realidade non estaba a comentar nada do libro só do que escribiras ti.

    O último sobre esto, cando digo Inglaterra non me refiro ao Reino Unido, refírome exclusivamente á visión de potencia colonizadora que tiñan os "outros" dela.
    E sobre esto, no more.

    ResponderEliminar