sábado, 13 de febrero de 2010

Data da primeira reunión (26/2/10)

Ola de novo:

Hai pouco repartimos finalmente o libro e con el unha nota que indicaba, entre outras cousas, a data da nosa primeira reunión. Esa data proposta é o derradeiro venres de Febreiro, ás once en punto, á entrada do noso edificio. Mais todo isto é "se todo vai como debería ir", pois á volta de vacacións de Antroido veremos se ese día ven cómodo para todos.

En calquera caso, para ese día, 26 de Febreiro, quedamos en ter visto un tercio do libro, ata a páxina 103 incluída (versión da editorial Alfaguara, por se alguén está con nós virtualnmente, xa que descoñecemos qué páxina sería na edición de Punto de Lectura).

Por tanto leremos as partes tituladas "Fortuna" e "Inferior", deixando fóra de momento a que segue ("Un trato totalmente diferente"). A idea é ter tres reunións en total, dividindo o libro en tres tercios, máis ou menos.

Se non hai novas ao respecto, quedamos pois o 26 ás 11:00, na entrada do edificio. Temos aberto xa este blog para recibir os teus comentarios (firmados ou anónimos), preguntas, enlaces e o que se tercie...

Ata pronto. En breve, máis entradas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario