jueves, 11 de febrero de 2010

Presentación do club e do blog

Ola:
Unha vez máis o Departamento de Filosofía deste IES súmase ao Club de Lectura de Biblioafonso, nesta ocasión escollendo un par de libros do escritor estadounidense Tobias Wolff, do cal xa o curso pasado limos un conto de bastante éxito entre os compoñentes do club.
A primeira obra de Wolff que trataremos será o seu famoso Vida de este chico, un relato autobiográfico novelado que esperamos tamén sexa do gusto dos compoñentes do club deste curso.
Como na pasada edición, trataremos de conseguir que este grupo de lectura estea composto tanto de persoas que fisicamente poidamos reunirnos de cando en vez para falar da lectura da obra, como por outras persoas que entren no club "virtualmente", por obra e gracia de internet. Deste xeito, de momento somos nove persoas de primeiro e segundo de bacharelato, e, de momento, dúas persoas que no seu momento estiveron estudando neste IES. Talvez nun breve prazo contemos con máis presencias alieníxenas...
Este blog está aberto á colaboracións (escritos, debuxos, fotografías, etc.) tanto no que se refire ás entradas, como ao que se refire aos comentarios, que poden ser anónimos ou non, e que sempre acaban sendo o sangue e vida dun blog, digan o que digan...
That´s show, folks!

2 comentarios:

  1. E está aberto a profesores? eu nunca puiden estar nun club de lectura!

    ResponderEliminar
  2. Benvida, Batiscafo. Claro que está aberto, a profesores, alumnos, exalumnos, futbolistas e debuxantes de cómics. Naturalmente: pásate por aquí cando queiras. Nun par de días esperamos ter algo máis de contido neste blog. Intentaremos utilizar a edición de Alfaguara, mais está tamén a de Punto de Lectura, máis barata, pero agotada. Para o día 26 de Febreiro queremos chegar á páxina 103 da versión dita. Consideramos importante ir máis ou menos ao mesmo ritmo, se é posible e sen convertilo nunha obrigación desagradable.
    Un saúdo, D.F.

    ResponderEliminar