viernes, 19 de febrero de 2010

One map, one State, one year... (1: Mapa)

Ben, a canción non dicía así, pero vale como título para ir tirando...
Na páxina 16 (Alfaguara) lemos:
"Era el año 1955 y viajábamos en coche desde Florida a Utah (...). Habíamos salido de Sarasota en mitad del verano (...). Atravesamos Georgia, Alabama, Tennessee y Kentucky (...)." En fin, ¡necesitamos un mapa do Imperio!, non somos tan listos. Do ano 1955 xa falaremos, que ten o seu aquel tamén, e outro tanto do Estado de Utah, tan mormón. Imos agora co mapa para ver o desprazamento desde a parte oriental (Florida, abaixo á dereita) de EE UU á occidental (Utah, no último tercio da esquerda, maís ou menos centrado), pasando por Georgia (sobre ese rabo chamado Florida), Alabama (á esquerda de Georgia),
( Fonte: Ver enlace algo maís abaixo).
Tennesse (facendo de sombreiro sobre Alabama), Kentucky (algo maís arriba), e logo tirando para a esquerda (Go West, boy!). O mapa en cuestión vexe moito mellor se pinchas neste enlace, e ademais, como é interactivo ou así, podes ver as autopistas principais, parques nacionais de EE UU, cidades máis importantes, etc. Desde que un, fai anos, tiña a obriña de Jack Kerouac nas mans, non pode deixar de sentir unha certa atracción polo mapa de EE UU que non sinte por mapas doutros países, talvez pola sensación que certos libros (novelas, contos, libros de viaxes, etc.) e películas estadounidenses (westerns, road movies, etc.) ofrecen de mobilidade, de espacios abertos, de ser quen de volver a comezar desde cero noutro lugar (polo regular máis ao Oeste), de contacto directo co mundo natural, que sei eu...
P.S.: ¿Que onde está Sarasola? En Florida, claro; na costa Oeste. Véase.

4 comentarios:

  1. Iso viña eu pensando no tren. As veces parece que para ser "escritor americano" tes que escribir un libro sobre carreteras... ao parecer non existe termo para literatura, pero pódese coller as road movies e trasladarlo (road books?). Isto e outros clichés literario-cinéfilos fai que eu, que nunca estiven nos EEUU sempre imaxine ese país como unha acumulación de autopistas (pódese comprobar no teu mapa) explanadas desérticas, ranchos e... Nova York (xa sei que é un país enorme e que terá mil cousas máis, pero este reduccionismo ven formado grazas ao constante bombardeo das mesmas imaxes).

    Por último, o "volver a comezar de cero", empezar nun lugar onde ninguén te coñece, onde non se sabe nada do teu pasado ou da túa suposta personalidade... Qué maravilla!

    ResponderEliminar
  2. No me había parado a pensar en eso... Pero es cierto, en la gran mayoría de libros estadounidenses pasa eso...

    Lo de comenzar desde cero estoy de acuerdo con Batiscafo, sería una maravilla, una cosa ya casi imposible en la actualidad en la que con solo teclear un nombre en un buscador de internet sale la información de toda tu vida(también eso es cierto... la información se muestra si tu quieres, no tienes porque tener un perfil en ``Carabook´´, y si lo tienes, no tiene porque mostrarse información personal).

    ResponderEliminar
  3. Para Kar, se queres podes leer esta subida que vai sobre iso con respecto as redes sociais (centrado no "caralibro"): http://thetenthvictim.blogspot.com/search/label/social%20network

    ResponderEliminar
  4. Muchas gracias Batiscafo, es a eso justamente a lo que me refería con los ``carabook´´, muy interesante el artículo.

    ResponderEliminar