Estivemos ao final só seis persoas, e un de nós tivo que saír antes de tempo... Logo só estabamos a mitade, como quen di. Por este motivo este próximo mércores (mesma hora, mesmo lugar) intentaremos "repetir" esta reunión I para os que non puideron presentarse, a ver (tres persoas de 1ºC, unha de 2ºA, e outra de 1ºA que foi quen tivo que saía á mitade da reunión).
En canto á reunión do 26, falamos principalmente da personalidade dos personaxes principais e da relación entre eles. Da maldade, dixeron uns, ou da aparente maldade, dixeron outros, de Toby-Jack; da educación indebida, para algúns, que a nai da a o fillo, ou comprensible, tendo en conta o pai que ela tivera; da pegada dos programas da television no grupo de Seattle; do desagrado e desconfianza que en certos lectores parece provocar Dwight, especialmente no seu trato aos seus propios fillos; das galletas Oreo, que ao parecer son máis abtigas que andar a gatas; de rifles e bicicletas; da debilidade da nai, por un lado, e da súa forza e vontade, por outro; das citas de Wilde e Alinsky como claves para comprender certas escenas e sombras da psique de Toby; da monxa, que é a única que realmente se confiesa... ¡ e diante de Toby, o suposto pecador!
Por outra parte, falamos tamén da presencia nas páxinas lidas (ata a 103 na edición de Alfaguara) de alomenos dous contos de Wolff: "Dos chicos y una chica", lido o curso pasado, e "El fuego del hogar", ambos publicados no seu libro La noche en cuestión (Alfaguara, 2000). En entradas futuiras volveremos sobre eles e invitaremos á súa (re)lectura a quen queira... Por certo, conversando sobre o primeiro caímos no peso "do militar" en certas actitudes ou antipatías da nai de Toby: era filla dun oficial de marina tremendamente autoritario (como a chica do conto do ano pasado), Dwigt vive nuha "casa" que antes era un extraño lugar para prisioneiros alemáns de guerra, ten discusións sobre a educación de Toby con Marian, quen é noiva dun sarxento de infantería de marina, e que na p. 52 é descrita case como máis masculina e sarxento que o seu propio pretendente, e así...
Seguiremos en contacto. Os que flotan na nube da rede que saiban disculpar o noso silencio dos últimos días, que non é unha secta relixiosa, senón acumulación de traballo alleo a este club-blog,e, tamén é certo, algo parecido a "deixar facer" libremente aos que por aquí pasan...
DATA DA REUNIÓN II: O mércores 10, ás 11:00 hs. (non confundir coa "repetición" desta reunión I para quen non estivera, que sería xa este mércores 3). Para o día 10 de Marzo debemos ter lido ata a páxina 205 de Alfaguara, deixando fóra a parte titulada "Ciudadanía en el instituto", que quedará para máis adiante).
ERRATAS: No parágrafo anterior había un par de perigosas erratas coas datas, xa remediadas. Atención pois aos cambios, pois os días estaban mal postos.