Mostrando entradas con la etiqueta MAPAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAPAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de marzo de 2010

Retrato de familia con can

Páxina a páxina cabalgamos cara á segunda reunión. As escenas e os detalles vanse acumulando, e certas repeticións comezan a destacar pola súa insistencia, significativamente... Unha vez máis as relacións entre os personaxes chaman a nosa atención:
- A relación de Jack (Toby) con Dwight
- Coa súa nai
- A da súa nai con Dwight
- A de Jack con Arthur, un personaxe que non debe pasar desapercibido
- A de Jack co seu "pai ausente" (neste segundo tercio da obra non podemos seguir facendo como se esta ausencia non pesara)
- A súa relación, extraña, con Pearl
E tamén esta sensación de "road movie conxelada", de historia de carreteira detida. Se comezábamos viaxando de Florida a Utah, e logo a Seattle, e parecía que o movemento ía sentirse en cada páxina, coa aparición de Dwight -atención ao comportamento deste cando viaxa repetidamente a Seattle para impedir a boda da súa filla: T.W. non parece quitarlle o pan e o sal totalmente a este particular home-, coa aparición de Dwight, dicíamos, o movemento queda en suspensión, se é que tal expresión é correcta: pensemos neses tímidos intentos de Jack co auto-stop; ou o seu soño de ir a México con Skipper; ou a fantasía parisina; ou a frustrada intentona de ir a Alaska (¿como Jack London?) con Arthur; ou as escapadas nocturnas no coche de Dwight con can incorporado...
¿Algo máis? Non moito, por non agobiar -supoñendo que haxa alguén do outro lado da pantalla: ¿hai alguén aínda...?-. Deamos a Arthur a importancia que reclama como personaxe: a súa aparición, como é presentado polo autor: Parecía querer algo. A veces le pillaba mirándome (...). Toda mi vida he reconocido casi a primera vista a quienes estaban destinados a ser mis amigos y ellos me han reconocido a mí. Por outro lado, páxinas 142-144, sobre o seu pai ausente. Mira despois ao final da 145: Algún día, pensaba, alguien pararía. y me diría: "Puedo llevarte hasta Wilton, Connetticut...", co pai tamén na súa mente (o pai vivía alí, casado con oputra muller, como dixo páxinas atrás T.W.).
Talvez este blog estea pedindo a gritos que outras voces digan mu..., e que non tarden moito en facelo.
Antes do mércores introduciremos outra entrada pensando na reunión II. Fin por hoxe.

martes, 23 de febrero de 2010

One map, one State, one year... (3: Year)

Máis que "un ano", mellor dous, porque estas primeiras páxinas do libro transcorren en 1955-56. Probablemente é importante recordar que facía soamente dez anos que a Segunda Guerra Mundial acabara. ¿E que con iso? Ben, para ti esa guerra está moi atrás, cousa de libros de historia ou de pelis en branco e negro, mais entonces era ben recente, e todas esas cousas hoxe tan sabidas -xa non sei se asumidas- sobre campos de exterminio nazis, neses anos aínda estaban probablemente saíndo á luz pouco a pouco e con incredulidade. Nese contexto temos que entender eses programas de televisión sobre nazis que Toby e os seus amigos de Seattle vían, ou esas bromas telefónicas de dubidoso gusto as persoas de apelido xudeo, ou o insulto de "¡perro judío!" co cal rematan o ataque de ovos sobre o descapotable.
Aquí podes ver algo sobre os acontecementos do 55, e aquí dos do 56.
Aquí algo sobre Seattle, ao Oeste de EE UU, no Estado de Washsington -non confundir coa cidade de Washington, capital de EE UU-. Podes consultar de novo o mapa de EE UU: Seattle, á dereita e arriba.
Acabamos por agora: preme aquí para ver cómo era ese coche (Thunder Bird, un Ford. Só que no libro era descapotable e negro).

sábado, 20 de febrero de 2010

One map, one State, one year... (2: Estado: Utah)

(Fonte: Premer aquí para ver a fonte)

Imos co Estado -Deus..., antes ou despois sempre acaba aparecendo, ¿non?-.
O noso rapaz e a nosa (súa) nai chegan ao Estado de Utah, á cidade de Salt Lake City, en busca de... ¡uranio! Se avanzamos algunhas páxinas (non moitas), lemos na 22:
"A la hermana James no le agradaba la idea de que anduviéramos sueltos al salir de la escuela. Temía que pasáramos el tiempo con amigos de las escuelas estatales a las que asistíamos y que acabaríamos convertidos en mormones."
Ou sexa, noutra relixión que non era a católica (recordemos a súa orixe irlandesa por parte de nai, e, por iso, católica). ¿Mais por que o medo aos mormóns? Parece ser que Utah convertíuse en Estado soamente en 1896, mais os mormóns poboaron Utah desde 1847, tres anos antes de ser considerado "Territorio" pola Unión. Para saber por que hoxe aproximadamente o sesenta por cento da poboación de Utah é mormona, mira neste enlace. Se queres saber algo sobre esa relixión e as razóns que levaron aos mormóns a emigrar ao Oeste, pincha neste outro. E se queres ver algo de Salt lake City, mira aquí. Claro que probablemente as imaxes máis coñecidas de Utah son desta clase: preme neste outro para velas. Ou incluso destas (¿sabes que cousa é ésa chamada... John Ford? ¿Mh?).

viernes, 19 de febrero de 2010

One map, one State, one year... (1: Mapa)

Ben, a canción non dicía así, pero vale como título para ir tirando...
Na páxina 16 (Alfaguara) lemos:
"Era el año 1955 y viajábamos en coche desde Florida a Utah (...). Habíamos salido de Sarasota en mitad del verano (...). Atravesamos Georgia, Alabama, Tennessee y Kentucky (...)." En fin, ¡necesitamos un mapa do Imperio!, non somos tan listos. Do ano 1955 xa falaremos, que ten o seu aquel tamén, e outro tanto do Estado de Utah, tan mormón. Imos agora co mapa para ver o desprazamento desde a parte oriental (Florida, abaixo á dereita) de EE UU á occidental (Utah, no último tercio da esquerda, maís ou menos centrado), pasando por Georgia (sobre ese rabo chamado Florida), Alabama (á esquerda de Georgia),
( Fonte: Ver enlace algo maís abaixo).
Tennesse (facendo de sombreiro sobre Alabama), Kentucky (algo maís arriba), e logo tirando para a esquerda (Go West, boy!). O mapa en cuestión vexe moito mellor se pinchas neste enlace, e ademais, como é interactivo ou así, podes ver as autopistas principais, parques nacionais de EE UU, cidades máis importantes, etc. Desde que un, fai anos, tiña a obriña de Jack Kerouac nas mans, non pode deixar de sentir unha certa atracción polo mapa de EE UU que non sinte por mapas doutros países, talvez pola sensación que certos libros (novelas, contos, libros de viaxes, etc.) e películas estadounidenses (westerns, road movies, etc.) ofrecen de mobilidade, de espacios abertos, de ser quen de volver a comezar desde cero noutro lugar (polo regular máis ao Oeste), de contacto directo co mundo natural, que sei eu...
P.S.: ¿Que onde está Sarasola? En Florida, claro; na costa Oeste. Véase.