Mostrando entradas con la etiqueta SAUL ALINSKY. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAUL ALINSKY. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de febrero de 2010

Ideas para a reunión deste venres 26, ás 11:00 horas

(Ilustración de A. Suárez)

Este venres será a reunión I, no recreo, á entrada do noso edificio, ás once "en punto" (por favor, é conveniente que sexamos puntuais, porque non teremos demasiado tempo). Éstas son as suxestións que de cara a tal reunión se nos ocorren, os temas ou puntos de interese que poden dar algo de si, entre outros moitos, claro:
  • A relación entre a nai e o fillo (Toby-Jack)
  • A relación entre a nai e o exmarido, e entre ela e o home que regala o rifle a Toby
  • A relación entre a nai e o seu pai (avó de Toby), oficial de marina. (¿Recorda algo ao conto de Wolff lido no curso pasado...?). A forma de educar a Toby e a forma en que ela foi educada
  • Relación de Rosemary (a nai) con outros homes
  • Relación do rapaz con todos eses homes (o pai, etc.)
  • Relación do rapaz co "problema xudeu" (por así chamalo)
  • ¿Por que cambiar o seu nome por "Jack", como Jack London?
  • Como vive Toby a súa relación co catolicismo, o catecismo, a confesión (escena onde a monxa "confésase" ante Toby, etc.)
  • O espacio (Florida, Utah, Seattle, pensións, casa, casa de Dwight...) e a súa importancia na historia
  • Toby e "o mal" (bromas telefónicas, ventás rotas, disparos, tiro con arco, roubos, etc.), e a relación cos seus ¿amigos?
  • Peso das citas inicias de Wilde (pose, artificio, ¿ficción?, ¿simulación?) e de Alinsky (corrupción, ¿mal?, ¿violencia?, ¿transgresión?, ¿sentimento de culpa?...) no devir da historia...
  • ¿Uh...?

domingo, 14 de febrero de 2010

Citas, vida, corrupción e pose

(Ilustración de Lucas Schnitzler, 1ºA, bach.)
Non é extraño atopar ao comezo dun libro algunha cita doutro. O que si é xa pouco extraño é o pouco caso que o lector soe facer ao atopalas. De feito, o libro en cuestión comeza cun par delas que consideramos de interese, pasada a páxina de agradecementos (que non ten desperdicio, por certo: aparece a esposa, o irmán, a nai, o pantasma dun can e o seu primeiro padrastro. Non está nada mal, se ben quédome con esta frase, sobre a cal esperamos volver no futuro: "He dejado alguno de estos puntos como estaban, porque éste es un libro de memorias, y la memoria tiene su propia historia que contar" ).
A primeira cita é do famoso Oscar Wilde, cunha frase igualmente célebre entre as moitas que el deixou tras de si. Neste enlace podes ver outra traducción dela (a nº 40, páxina 4), onde a palabra "pose" deixa o seu lugar a "artificial". Se miras na páxina 5 deste sitio da web atoparás a frase 49, que bota máis luz sobre a ocurrencia de Wilde, propietario da tumba máis "friki" e rechamante do cimiterio parisino de Père Lachaise, para disgusto de fans de Jim Morrison.
A segunda é dun tal Alinsky, do cal, contra todo pronóstico, si hai información na rede, mais non tanto da súa faceta como escritor como da de activista político con influencia nos anos sesenta -a historia do libro que lemos transcurre nos cincuenta- e parece que en... Obama. Ofrecemos outros enlaces tamén para comprobalo.
Fai un tempo, Tobias Wolff declaraba ter unha dobre orixe, xudeoalemá por un lado, que reflicte o seu apelido Wolff (que non debería por tanto lerse "Uolf", senón algo parecido a "Volf"), e irlandesa polo outro. Curiosamente Alinsky é de orixe xudeorusa, e Wilde era irlandés de Dublín, se ben escribía en inglés e era súbdito británico.