Mostrando entradas con la etiqueta IMAXES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IMAXES. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de marzo de 2010

Ideas para a reunión de mañá mércores 10

(Ilustración de A. Suárez)
Botando unha ollada a entrada inmediatamente anterior pódese atopar un par de pistas para o diálogo de mañá, se iso é preciso. Mais gústanos enredar, e enredamos pois:
1) Hai un parecido evidente entre o título deste libro e o da revista dos "scouts" ("Vida de chico"). Se relemos, p. ex., as páxinas 121-124, daremos con liñas significativas, e de paso outra vez aquela cor "militar" e o espírito da frase inicial de Oscar Wilde. E así lemos: "Me rendía fácimente (...) lleno de planes." Por certo, con algo disto garda certa relación outro conto de TW, titulado "Intrépidos pilotos", incluído en La noche en cuestión (Alfaguara);
2) ubicados agora no interior da fantasía de París, "Jack" plantéase a posibilidade do cambio do seu apelido. xa cambiara de nome sen problema (ignorando a vontade do pai ausente), pero agora négase a perder o seu apelido que o une a súa nai. Sutil diferencia. Mais, el, no momento presente escritor, deixa caer o recordo da súa nai aprendéndolle a escribir (p. 163)...

martes, 23 de febrero de 2010

One map, one State, one year... (3: Year)

Máis que "un ano", mellor dous, porque estas primeiras páxinas do libro transcorren en 1955-56. Probablemente é importante recordar que facía soamente dez anos que a Segunda Guerra Mundial acabara. ¿E que con iso? Ben, para ti esa guerra está moi atrás, cousa de libros de historia ou de pelis en branco e negro, mais entonces era ben recente, e todas esas cousas hoxe tan sabidas -xa non sei se asumidas- sobre campos de exterminio nazis, neses anos aínda estaban probablemente saíndo á luz pouco a pouco e con incredulidade. Nese contexto temos que entender eses programas de televisión sobre nazis que Toby e os seus amigos de Seattle vían, ou esas bromas telefónicas de dubidoso gusto as persoas de apelido xudeo, ou o insulto de "¡perro judío!" co cal rematan o ataque de ovos sobre o descapotable.
Aquí podes ver algo sobre os acontecementos do 55, e aquí dos do 56.
Aquí algo sobre Seattle, ao Oeste de EE UU, no Estado de Washsington -non confundir coa cidade de Washington, capital de EE UU-. Podes consultar de novo o mapa de EE UU: Seattle, á dereita e arriba.
Acabamos por agora: preme aquí para ver cómo era ese coche (Thunder Bird, un Ford. Só que no libro era descapotable e negro).

sábado, 20 de febrero de 2010

One map, one State, one year... (2: Estado: Utah)

(Fonte: Premer aquí para ver a fonte)

Imos co Estado -Deus..., antes ou despois sempre acaba aparecendo, ¿non?-.
O noso rapaz e a nosa (súa) nai chegan ao Estado de Utah, á cidade de Salt Lake City, en busca de... ¡uranio! Se avanzamos algunhas páxinas (non moitas), lemos na 22:
"A la hermana James no le agradaba la idea de que anduviéramos sueltos al salir de la escuela. Temía que pasáramos el tiempo con amigos de las escuelas estatales a las que asistíamos y que acabaríamos convertidos en mormones."
Ou sexa, noutra relixión que non era a católica (recordemos a súa orixe irlandesa por parte de nai, e, por iso, católica). ¿Mais por que o medo aos mormóns? Parece ser que Utah convertíuse en Estado soamente en 1896, mais os mormóns poboaron Utah desde 1847, tres anos antes de ser considerado "Territorio" pola Unión. Para saber por que hoxe aproximadamente o sesenta por cento da poboación de Utah é mormona, mira neste enlace. Se queres saber algo sobre esa relixión e as razóns que levaron aos mormóns a emigrar ao Oeste, pincha neste outro. E se queres ver algo de Salt lake City, mira aquí. Claro que probablemente as imaxes máis coñecidas de Utah son desta clase: preme neste outro para velas. Ou incluso destas (¿sabes que cousa é ésa chamada... John Ford? ¿Mh?).