"Ahora las palabras me venían tan fácilmente como si alguien me las soplara al oído. Me sentía lleno de cosas que había que decir, lleno de verdades reprimidas. Eso era lo que creía estar escribiendo: la verdad. (...) Escribí sin entusiasmo ni hipérbole, con las palabras que mis profesores habrían utilizado si me hubiesen conocido como yo me conocía. (...) Y en el chico que vivía en estas cartas, el espléndido fantasma que portaba todas mis esperanzas, me pareció ver, al fin, mi propia cara" (páxinas 246-247, cando fala das cartas que manda ás escolas ás que pretende ir estudar, co nome dos seus profesores do seu instituto).
Vaia isto a modo de exemplo do que aquí hoxe queremos dicir. Ata agora, nas nosas reunións tratamos sobre todo dos contidos da narración, ou dos personaxes, pero pouco ou nada do estilo, da forma de escribir de TW. O noso autor fala aquí de como escribía aquelas cartas, pero dalgún xeito pódese dicir tamén -ou iso queremos crer- que á vez di cal é o tono que escolle para escribir, para contar, para narrar... Sen trama, sen final, pero tamén sen hipérbole. É fácil en moitos autores atopar cada dous por tres frases, expresións ou fragmentos ocurrentes, rechamantes ou enxeniosos, como no Oscar Wilde do que falamos ao comezo deste blog. Tamén TW fai ás veces algo así, claro, como na páxina 253 (o da bola e o inferno), mais a verdade é que parece evitalo. E iso é en parte o que produce, talvez, ese efecto de que as súas palabras sonan como sopradas ao teu oído, sen hipérbole, sen énfase, moi na estela do seu admirado Chéjov, e por iso, a moitos lectores pouco familiarizados con esta maneira de escribir, e más achegados a narracións más convencionais de intriga, suspense, aventuras ou grandes sucesos contados coa trama e o final que naturalmente corresponde, a eses lectores, dicíamos, pode parecerlles que TW non di nada e que non pasa nada no seu libro ou nos seus contos..., cando outros podemos pensar todo o contrario. É dicir: que realmente pasa... todo.


