domingo, 14 de marzo de 2010
Reunión II: "Poltergeist"
viernes, 5 de marzo de 2010
Reunión I e medio: os que faltaban...
sábado, 27 de febrero de 2010
Reunión I: os que alí estivemos...
Estivemos ao final só seis persoas, e un de nós tivo que saír antes de tempo... Logo só estabamos a mitade, como quen di. Por este motivo este próximo mércores (mesma hora, mesmo lugar) intentaremos "repetir" esta reunión I para os que non puideron presentarse, a ver (tres persoas de 1ºC, unha de 2ºA, e outra de 1ºA que foi quen tivo que saía á mitade da reunión).
En canto á reunión do 26, falamos principalmente da personalidade dos personaxes principais e da relación entre eles. Da maldade, dixeron uns, ou da aparente maldade, dixeron outros, de Toby-Jack; da educación indebida, para algúns, que a nai da a o fillo, ou comprensible, tendo en conta o pai que ela tivera; da pegada dos programas da television no grupo de Seattle; do desagrado e desconfianza que en certos lectores parece provocar Dwight, especialmente no seu trato aos seus propios fillos; das galletas Oreo, que ao parecer son máis abtigas que andar a gatas; de rifles e bicicletas; da debilidade da nai, por un lado, e da súa forza e vontade, por outro; das citas de Wilde e Alinsky como claves para comprender certas escenas e sombras da psique de Toby; da monxa, que é a única que realmente se confiesa... ¡ e diante de Toby, o suposto pecador!
Por outra parte, falamos tamén da presencia nas páxinas lidas (ata a 103 na edición de Alfaguara) de alomenos dous contos de Wolff: "Dos chicos y una chica", lido o curso pasado, e "El fuego del hogar", ambos publicados no seu libro La noche en cuestión (Alfaguara, 2000). En entradas futuiras volveremos sobre eles e invitaremos á súa (re)lectura a quen queira... Por certo, conversando sobre o primeiro caímos no peso "do militar" en certas actitudes ou antipatías da nai de Toby: era filla dun oficial de marina tremendamente autoritario (como a chica do conto do ano pasado), Dwigt vive nuha "casa" que antes era un extraño lugar para prisioneiros alemáns de guerra, ten discusións sobre a educación de Toby con Marian, quen é noiva dun sarxento de infantería de marina, e que na p. 52 é descrita case como máis masculina e sarxento que o seu propio pretendente, e así...
Seguiremos en contacto. Os que flotan na nube da rede que saiban disculpar o noso silencio dos últimos días, que non é unha secta relixiosa, senón acumulación de traballo alleo a este club-blog,e, tamén é certo, algo parecido a "deixar facer" libremente aos que por aquí pasan...
DATA DA REUNIÓN II: O mércores 10, ás 11:00 hs. (non confundir coa "repetición" desta reunión I para quen non estivera, que sería xa este mércores 3). Para o día 10 de Marzo debemos ter lido ata a páxina 205 de Alfaguara, deixando fóra a parte titulada "Ciudadanía en el instituto", que quedará para máis adiante).
ERRATAS: No parágrafo anterior había un par de perigosas erratas coas datas, xa remediadas. Atención pois aos cambios, pois os días estaban mal postos.
miércoles, 24 de febrero de 2010
Ideas para a reunión deste venres 26, ás 11:00 horas
- A relación entre a nai e o fillo (Toby-Jack)
- A relación entre a nai e o exmarido, e entre ela e o home que regala o rifle a Toby
- A relación entre a nai e o seu pai (avó de Toby), oficial de marina. (¿Recorda algo ao conto de Wolff lido no curso pasado...?). A forma de educar a Toby e a forma en que ela foi educada
- Relación de Rosemary (a nai) con outros homes
- Relación do rapaz con todos eses homes (o pai, etc.)
- Relación do rapaz co "problema xudeu" (por así chamalo)
- ¿Por que cambiar o seu nome por "Jack", como Jack London?
- Como vive Toby a súa relación co catolicismo, o catecismo, a confesión (escena onde a monxa "confésase" ante Toby, etc.)
- O espacio (Florida, Utah, Seattle, pensións, casa, casa de Dwight...) e a súa importancia na historia
- Toby e "o mal" (bromas telefónicas, ventás rotas, disparos, tiro con arco, roubos, etc.), e a relación cos seus ¿amigos?
- Peso das citas inicias de Wilde (pose, artificio, ¿ficción?, ¿simulación?) e de Alinsky (corrupción, ¿mal?, ¿violencia?, ¿transgresión?, ¿sentimento de culpa?...) no devir da historia...
- ¿Uh...?
sábado, 13 de febrero de 2010
Data da primeira reunión (26/2/10)
